Cultura Vigo al minuto

Julieta Venegas, Hombres G, Los Secretos, Eric Burdon ou Melendi, nas Festas de Verán de Vigo

Eric Burdon
Eric Burdon

A programación de Festas de Vigo2015, prevista entre o 21 de xullo e o 22 de agosto contará con tres concertos no Auditorio de Castrelos: Coral Casablanca (31 de xullo); Los Enemigos (1 de agosto) e Julieta Venegas (7 de agosto). Este recinto tamén acollerá entre o 4 e o 6 de agosto, os “Cativo Musicais”, espectáculos infantís que arrancarán ás 8 da tarde (Toy Musical, La Banda de Mireia e El Rey da Sabana).

Continuando coas actividades para os máis pequenos, haberá obradorios entre as 5 e as 8 da tarde os días 10 (Farola de Urzáis); 11 (zona peonil de O Calvario); 12 (Praza de Independencia); 13 (Bouzas) e 14 de agosto (Navia).

Hombres GTamén haberá outros concertos dentro da programación, entre os que destaca o 24 de xullo The Soul Jackets, na Porta do Sol; Hombres G, o 25 de xullo, en Samil; 40 hot mix road show, en Areal, o 31 de xullo. Melendi actuará en Samil o 15 de agosto, Alejo Stive, na Porta do Sol, no mesmo sitio no que tocarán Los Secretos o 22 de agosto.

O Auditorio Mar de Vigo será o lugar no que acturará Melodi Gardot o 28 de xullo e Eric Burdon, dous días máis tarde. Os ritmos de Miño Reggae encharán o Paseo de Alfonso todos os venres de agosto e setembro.

O Festival folclórico internacional desenvolverase entre o 21 e o 26 de xullo, coa participación de 7 grupos, entre os que destacan formacións chegadas de Guipúzcoa, Georgia, Puerto Rico e Indonesia. Actuarán nos auditorios de Valladares, Matamá, Cabral, Beade, Castrelos e Abanca, onde se celebrará o peche do certame.

Tamén haberá espazo para as bandas de música, que actuarán na Praza da Princesa entre o 3 e o 14 de agosto, nos últimos tres días como parte do Festival Música Cinematográfica de Bandas. Contaremos coa actuación de As Delicias do Caeiro, Unión Musical de Cabral, Unión Musical de Coruxo, Ateneo Municipal de Bembrive, Lira de San Miguel de Oia, Atlántida de Matamá, Escuela Musical de Beade, UVCD de Candeán e, por último, a Unión musical de Valladares.

O MArisquiñoO 7 de agosto arrancará a XV edición de O Marisquiño, que traerá aos mellores deportistas destas modalidades ata o domingo 9. No Peirao de Trasatlánticos haberá concertos nocturnos os tres días.

Outra das iniciativas deste ano é a Festa da Cultura, con actuacións os días 24 e 25 de xullo na Porta do Sol e pasarrúas por Príncipe. Seguimos con animacións na rúas en Príncipe, Casco Vello e Montero Ríos, as 20,30 horas, con actuacións desde o 25 ata o 31 de xullo. Soarán o grupo de gaita da Vila de Candás, A.F Traspés, A.C O Coto, A.F. Asubío; A.F. Lembranzas Galegas e, por último, Gaiteiros Vagalume.

Respecto das festas gastronómicas, a da Sardiña será o 1 e 2 de agosto na Carballeira da Guía; a do Polbo, no Monte dos Pozos, en Valadares, o 9 de agosto e a do Mexilón, no parque de Castrelos o 6 de setembro.  Por último, a IV Festa Romana, Vicus Spacorum, que se organizará en Navia entre os días 12 e 13 de setembro.

También te puede interesar