RGPD - Cookies
Comarcas

Aberto o prazo para solicitar as axudas de Comedor Escolar en Redondela

Concello de Redondela
Concello de Redondela

Este luns, día 20, publicáronse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra as Bases reguladoras da convocatoria do programa de Axudas de Comedor Escolar para o curso 2015-2016, do Concello de Redondela.

As mesmas están dirixidas aquelas familias que teñan fillos escolarizados nos centros escolares públicos redondeláns que dispoñan de servizo de comedor escolar e que cumpran os requisitos establecidos nas Bases.

O prazo de presentación das solicitudes é do 21 de xullo ao 19 de agosto de 2015 e entréganse nos Rexistros municipais situados na Casa do Concello ou na oficina de Servizos Sociais de Chapela, en horario de 9 da mañá a 1 e media da tarde.

As solicitudes poden descargarse a través de Internet, ou ben no propio Boletín Oficial ou a través da páxina web do Concello; tamén poden recollerse personalmente nas oficinas de Servizos Sociais das parroquias de Redondela ou Chapela.

Para calquera dúbida as familias solicitantes poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais en horario de 9 da mañá a 2 da tarde, ou achegarse persoalmente.

As bases deste ano traen varias novidades que, segundo a Consellería de Servizos Sociais, “tratan de axilizar o procedemento na concesión de ditas axudas e tamén de que se chegue a mais familias na concesión de ditas subvencións”.

Na convocatoria deste próximo curso terán maior peso nos baremos de puntuación as familias con menores recursos económicos. Así mesmo, «se fai un esforzo por parte do Concello para facilitar a tramitación», incluíndo nas bases que todos os certificados se soliciten de oficio. Tamén é destacable que a porcentaxe das axudas é maior que na última convocatoria, xa que se suben do 60 ó 70% no tramo máis baixo e do 70 ó 80% no intermedio.

Ademais, nesta convocatoria terase en conta un límite de rendas máis elevado para poder ser beneficiario, co que será máis accesible para un maior número de familias redondelás.

Tamén, e “recollendo acordos e propostas do Consello Escolar Municipal, nestas bases recollese a posibilidade de un anticipo do 70% da concesión da subvención as Anpas”, que seguirán xustificando trimestralmente.

También te puede interesar