RGPD - Cookies
Comarcas

O Goberno de Galicia «minte» cando fala dos medios que ten para loitar contra o lume

LumeOs sindicatos do operativo contra incendios forestais veñen de denunciar que o Goberno de Galicia “minte no que se refie aos medios que ten” para afrontar os lumes e advirten de que o executivo está nun proceso de “desmantelamento continuo” dos servizos. Na súa opinión, os datos que adiantou o goberno Feijóo no que se refire aos dispositivos son totalmente falsos.

Os profesionais demandan un “servizo público» de prevención e extinción, fronte á privatización progresiva dos efectivos de loita contra os incendios e avisan da falta de medios e organización, a presenza no monte de maquinaria obsoleta, ausencia de medios e protocolos de seguridade, fronte ao «silencio absoluto da Consellería” ante as súas demandas de diálogo, o que cualificaron de «descoñecemento, deixamento ou neglixencia».

Segundo os sindicatos, Medio Rural  non ten modelo algún para loitar conra o lume e califican de falsedade que a actual fragmentación en diferentes medios sexa máis barata, polo cal esixen un modelo de servizo público e único.

También te puede interesar