Vigo al minuto

‘Lecer de verán’ o campamento muncipal para persoas con discapacidade, na Asociación San Francisco

O alcalde, este luns, na Asociación San Francisco/Tresyuno Comunicación
O alcalde, este luns, na Asociación San Francisco/Tresyuno Comunicación

O alcalde visitou este luns na Asociación San Francisco unha das actividades incluídas no programa municipal «Lecer de Verán», dentro da oferta de campamentos urbanos que presenta o Concello.

Segundo explicou aos xornalistas, «Lecer do Verán» cunta cun orzamento de 31.000 €, está dirixido a persoas con discapacidade, dispón dun total de 210 vacantes e se desenvolve en formatos diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto. Este ano 93 persoas solicitaron este programa, dez máis das peticións correspondentes ao 2014.

O programa dispón dun total de 210 vacantes e se desenvolve en formatos diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto/Tresyuno Comunicación
O programa dispón dun total de 210 vacantes e se desenvolve en formatos diferentes ao longo dos meses de xullo e agosto/Tresyuno Comunicación

O programa inclúe o transporte gratuíto aos usuarios do programa tanto no mes de xullo como no de agosto. Neste mes, o Concello rubricou un convenio con taxistas e Vitrasa para os desprazamentos, mentres que para o próximo o transporte faise con furgonetas que ceden os centros que traballan con discapacitados na cidade.

Caballero lembrou que o Concello conta para este verán coa mesma oferta de prazas nos campamentos que o ano pasado, con propostas adaptadas para todas as idades, desde os 4 aos 35 anos, ademáis, tamén se mantén o prezo dos últimos anos, sendo algunhas das actividades totalmente de balde e, no conxunto, subvencionando a administración local o 40% do custo das mesmas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.