Galicia

En 40 anos Galicia volverá a ter a mesma poboación que no ano 1900: non máis de 1,7 millóns de habitantes

Povo abandoadoSe non se corrixen os saldos negativos demográficos dos pasados 20 anos, Galicia chagará ao ano 2050 cun 40% menos da súa poboación actual. Estos son os datos do Goberno galego, expostos este luns, no Foro sobre Políticas Sociais e Dinamizacón Demográfica, polos conselleiros de Traballo e Facenda.

Para a conselleira Mato a «profunda crise demográfica» na que está Galicia dende os anos 80 do século pasado é «unha das principais ameazas que temos diante» e salientou que en 40 anos, ou menos ainda, Galicia podería perder 1 millón de habitantes, volvendo á poboación do ano 1900- e decir, 1.700.000 habitantes-.

Mato advertiu que unha das consecuencias máis graves deste feito será a dificultade para manter o actual sistema de benestar, feito que ven agravado, como afirmou o conselleiro Martinez, polo envellecemento da poboación o que fai necesario tomar medidas moi rigorosas «goberne quen goberne».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.