RGPD - Cookies
Galicia

En Mugardos, Ares, Fene e Narón xa se pode beber auga da billa pero en Ferrol, non

Auga en botellaOs veciños de Mugardos, Ares, Fene e Narón, xa poden beber, dende onte ás 9 e media da noite, a auga da billa, mentres que o Goberno de Galicia-que publicou os resultados das análise na súa web e non deu conta deles aos alcaldes- mantén as restricións para Ferrol.

En Mugardos, Ares, Fene e Narón, os resultados da analítica sinalaron valores de ‘trihalometanos’ por baixo do límite de 100-que é o tope para a salubridade da auga-, mentres que en Ferrol este estaba en 130.

Para este domingo está prevista a realización de novas probas e unha xuntanza entre os responsables de Sanidade do Goberno galego e os alcaldes dos concellos afectados.

También te puede interesar