RGPD - Cookies
Comarcas

«A dirección de Podemos Galicia é desastrosa e a xestión das primarias foi só a gota que colmou o vaso»

PodemosCarmen Santos e Ana Pérez, responsables de Podemos,  deron unha rolda de prensa, este domingo, xunto a outras dúas compañeiras do Consello Autonómico -Patricia Grela e Mayka Arias-para explicar os motivos que as levaron a presentar a dimisión dos seus cargos. Nela manifestaron a súa “tristeza e decepción” polo rumbo que tomou a dirección do partido en Galicia. Asimesmo sinalaron que «tentaremos que isto xire e volva ser o proxecto que nos ilusionou», á vez que afirmaron que as siglas non son o que máis lles preocupa, senón que «o que se trata é de cambiar o país, quitar do medio ao PP-PSOE».

«É un día triste para nós. A decisión que tomamos non é froito dun día, levamos meses pensándoo e sentindo que se traizoaba o espítitu do partido, no que existe unha grande deriva e desorde interna”, asegurou Santos.

“Eu penso que Podemos pode seguir sendo unha ferramenta útil para o cambio, están participando unha grande maioría de compañeiros, cuns perfiles profesionais, e con moitas gañas de traballar para cambiar as cousas, ainda que non me gusten algúns compañeiros de viaxe. Eu veño dunha traxectoria profesional seria, nunca militei previamente nun partido, estou acostumada a outra forma de traballar e fun relegada da toma de decisións. A dirección de Podemos Galicia é desastrosa e a xestión das primarias foi só a gota que colmou o vaso. Tamén me influíu moito o que pasou coa Comisión de Garantías», engadiu Carmen Santos.

Pola súa banda, Ana Pérez, presidenta da Comisión de Garantías, falou no seu nome e no dos dous compañeiros que tamén dimitiron da Comisión: Eladio Medel e Jesús Gayoso. «Dimitimos conxuntamente porque consideramos que se nos instrumentalizou. A Comisión de Garantías é un órgano que debera ser independente e garantizar os valores do partido. Os expedientes sancionadores utilizáronse políticamente. Abríronse aos que non gustaban e paralizáronse os dos amigos”, dixo Pérez.

“Seguramente sairá mañán Breogán Riobóo-líder de Podemos en Galicia- a dicir que todo é unha pataleta por non ir na lista ou dirán que é unha dimisión irresponsable por deixar o traballo da Comisión sen facer, el sabe que non é así, pero usarán iso para desacreditarnos e sacar o foco de atención do importante: que está a transformar Podemos Galicia nun partido de amiguismos e intereses persoais moi lonxe dos valores de participación cidadá e democracia aberta para loitar polo cambio e contra a corrupción».

Para a xa ex presidenta da Comisión de Garantías, «Podemos non é o única maneira, están as mareas galegas, ou outras fórmulas de participación cidadá como Ahora en común ou outras. O importante é recuperar os valores, a ilusión e a defensa dos dereitos das persoas, con xente responsable; o nome é o de menos».

También te puede interesar