Comarcas

O Concello de Tui pide aos veciños que non consuman a auga da traída

BillaOs veciños de Tui non poden consumir o auga da traída. O Concello, nunha nota enviada aos medios indica que recomenda non beber a auga da billa.

Foron varios residentes no Casco Vello os que alertaron de que o auga saía moi turbia, polo cal, o Concello decidiu recomendar a todos os veciños que, por precaución, non a bebesen. “ O Concello de Tui xa se puxo en contacto coa empresa responsable da depuración da auga, e os seus técnicos xa están a traballar para solucionar no menor tempo posible o problema”, indican os responsables municipais.

También te puede interesar