Vigo al minuto

En funcionamento o servizo nocturno de Vitrasa a Navia, o N3

Vitrasa (arquivo)/Tresyuno Comunicación
Vitrasa (arquivo)/Tresyuno Comunicación

Dende onte, funciona unha nova liña de autobús en Vigo: o Concello e Vitrasa puxeron en marcha un servizo especial nocturno a Navia (N3) as fins de semana cunha frecuencia de 60 minutos. Trátase dun servizo especial de verán que funcionará os meses de xullo e agosto ata o 5 de setembro.

O novo servizo, que realizarase os venres e sábados, terá o seguinte percorrido:

Ida: Teixugueiras,29 – Limpiño – VG20 – Bouzas (Igrexa) – Bouzas (Alameda) – C.Veiga – Tomás A. Alonso – Pza. E. Fadrique – Torrecedeira – La Paz – Pi i Margall – P.Sanz – G.Barbón “RotondaMiragaia”

Volta: G. Barbón “RotondaMiragaia” – P.Sanz– Pi i Margall – López Mora – Fragoso – Pablo Iglesias – Padre Seixas – Porriño (Cemiterio) – Teixugueiras,38.

También te puede interesar