Galicia

Besteiro, “son unha persoa honrada que non ten nada que ocultar”

BesteiroCon estas palabras, na súa intervención como secretario xeral dos socialistas de Galicia, na Convención Nacional do PSdG que se celebra en Compostela, Xosé Ramón Gómez Besteiro deixou crara a súa intención de seguir liderando o partido.

Besteiro engadiu, en referencia a súa citación para que preste declaración como imputado no chamado ‘Caso de O Garañón’, que “este episodio xudicial afecta á miña vida persoal e á miña vida familiar, poñendo en cuestión incluso como paguei o único piso que teño a medias coa miña muller” e salientou que “amosarei, tal e como fixen durante toda a miña vida política, total transparencia e as explicacións que sexan necesarias para aclarar esta situación”.

Besteiro deicou ben craro a súa intención no que se refire á súa declaración xudicial, “tal e como comuniquei á saída da pasada Executiva, nas próximas semanas irei informando con claridade dos detalles do proceso”, e rematou repetindo, que a mesma non vai a afectar á actividade de oposición política ao Partido Popular .

“Tende por seguro que non penso deixar que este episodio afecte nin á imaxe do partido nin ás posibilidades claras que temos de acadar o Goberno de Galicia”, continuou o secretario xeral dos socialistas galegos, quen indicou que “lamentablemente, neste partido xa temos sonadas experiencias de compañeiros que a pesares de ser imputados nun proceso xudicial, logo elixidos pola cidadanía e posteriormente exonerados de toda sospeita, quedaron danados na súa honra e imaxe pública”.

Besteiro rematou afirmando que “síntome plenamente motivado para liderar e seguir construíndo este proxecto e ademais comprométome a facelo dende o lugar que se me permita que, de momento e agardo que por moito, será dende a primeira liña. Estou disposto, por tanto, a seguir liderando este proxecto mentres conte co voso apoio”.

También te puede interesar