RGPD - Cookies
Cultura

A Ribeira Sacra avanza cara a ser Patrimonio da Humanidade

Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación
Ribeira Sacra/Tresyuno Comunicación

A Consellería de Cultura xa ten os informes, entregados polas Deputacións de Lugo e Ourense, para seguir coa candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.

O proceso, impulsado en 2013, polos concellos que integran a Ribeira Sacra nas das dúas provincias, foi a base do acordo entre o presidente do organismo provincial ourensán, José Manuel Baltar, e o entonces máximo rexedor da de Lugo, Xosé Ramón Gómez Besteiro.

Ao mesmo sumáronse distintos organismos públicos, entre eles o Consorcio de Turismo, e entidades, empresas e colectivos privados, ademáis de milleiros de persoas. O acordo foi refrendado polo Goberno de Galicia, quen tramita a súa consideración como Ben de Interese Cultural.

También te puede interesar