Cultura

Dende este venres, universitarios galegos poden optar a unha beca para estudar en países non comunitarios

UniversidadeSegundo lembra o Goberno de Galicia, este venres, día 17, abriuse o prazo-que durará un mes- para que alumnos universitarios, matriculados nunha das universidades galegas ou na UNED, poidan solicitar unha das 140  becas para programas de intercambio con países de fora da UE-agás as becas Erasmus-.

O Diario Oficial de Galicia (DOG), publicou onte a convocatoria que, subliña o Goberno, está dotada con 145.000 € e que establece unha axuda máxima por alumno de 1.100 €.

También te puede interesar