Galicia

Dous veciños de Lugo evitan que un home se suicide tirándose dende unha ponte

Dous veciños de Lugo impediron que un home acabase coa súa vida tirándose dende a Ponte Nova da capital, esta madrugada. Segundo informa a Policía, estas dúas persoas suxeitaron ao suicida cando xa estaba a piques de saltar.

Cando xa levaban tempo turrando do home, un deles logrou chamar ao 091 alertando que estaban empezando a esgotarse de suxeitar ao suicida. Axiña, chegaron ao lugar varias patrullas da Policía Nacional con seis axentes que colleron ao home e o baixaron da ponte.

De seguido foi trasladado ao hospital onde quedou ingresado na unidade de Psiquiatría.

También te puede interesar