Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Unha subespecie da “Salamandra Salamandra” presenta un novo modo de reproducción vivíparo nas Illas de Ons e San Martiño

Sin títuloUn estudo das especies do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia ligadas ás augas doces, do que Adolfo Cordero Rivera foi o investigador principal, determina a adaptación nas Illas de Ons e San Martiño da S. s gallaica, subespecie da Salamandra Salamandra, que presenta un modo de reprodución vivíparo. Un fenómeno que recolle Quercus, a revista decana da prensa medioambiental española.

A píntega común é un anfibio que soe presentar unha forma de reprodución ovovivípara. É dicir, cando estes animais pairen, as súas larvas teñen que estar ligadas ao medio acuático durante un período de tempo. Sen embargo, a subespecie das Illas de Ons e San Martiño é vivípara, xa que as súas larvas poden entrar en contacto directo co medio terrestre, non precisan da fase acuática. Esta información, froito do traballo que se vén realizando dende unha década, comprobouse mediante a captura de sete femias para que pariran dentro dos laboratorios. Unha vez que a teoría foi corroborada, tanto as femias como as crías foron devoltas ao seu entorno natural.

Estes animais pódense atopar de forma abundante na Illa de Ons cun nivel de densidade situado entre os 0,13 individuos/metro. Nas Cíes só se poden achar en San Martiño, nun lugar próximo ao arroio Concela, entre pedras e vexetación húmida. Os animais de Ons presentan diferentes rangos en canto a tamaño, mentres que os de Cíes son menores e máis similares.

También te puede interesar