Galicia

A Agrupación de Electores de Redondela demanda a Héctor Santos por «inxurias e calumnias»

Héctor SantosA Agrupación de Electores de Redondela (AER), ven de anunciar a presentación dunha demanda contra o secretario xeral dos socialistas de Pontevedra e concelleiro en Vigo, Héctor Santos, polas súas declaracións do pasado 11 de xuño.

Segundo indica AER, as acusacións do responsable socialistas nos medios de comunicación pasaron por «cualificar á Agrupación de electores de marca branca do PP», por asegurar que conta con «fundadas sospeitas que membros desta lista recibiron favores laborais por parte do alcalde e vinculados tamén a Deputación Provincial» e rematar indicando que «estes señores (en referencia a AER) usaron as negociacións co PSOE para aumentar a súa cotización no pacto co PP».

Por este motivo e «ante a gravidade destas afirmación», a Agrupación de Electores de Redondela con data 18 de xuño, interpuxo a demanda para a celebración de acto de conciliación, previa á interposición de querela criminal por un presunto delito de calumnias e/ou inxurias, fronte ao Secretario provincial do PSOE, Héctor Santos Rodríguez, para que «proceda ante o xuíz a recoñecer a falsidade das declaracións publicadas con data 11/06/2015, con indicación das razóns que lle levaron a realizalas». O presente acto de conciliación, informa AER, realizarase o vindeiro 15 de xullo nos xulgados de Pontevedra, ao que xa está citado o Secretario Provincial do PSOE.

AER subliña que lamenta a «pasividade da Agrupación local do PSOE e dos seus responsables no referente a este desafortunado incidente, co que amosan o seu servilismo fronte á cúpula do seu partido, asumindo como propios os erros e despropósitos dos seus dirixentes provinciais. Situación esta que non é do noso agrado, e que ten como consecuencia directa que estea dificultando e seguirá dificultando as relacións entre ambas formacións políticas no traballo do día a día da política de Redondela».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.