RGPD - Cookies
Comarcas

O persoal de Maderas Iglesias, pon fin á folga

Maderas IglesiasO cadro de persoal da empresa Maderas Iglesias, con centros de traballo no Porriño e Mos, decidiu onte en asemblea suspender a folga de carto horas en cada quenda prevista para hoxe despois de que a dirección se compremetese a liquidar todas as débedas pendentes, ademais de retirar o ERE, abrir a negociación do novo convenio e regular a cuarta quenda.

A decisión de suspender o paro laboral foi adoptada de xeito masivo nunha asemblea na que participaron máis de 200 traballadores despois de que a empresa se comprometese a liquidar todas as débedas pendentes co persoal o vindeiro 17 de xullo.

A desconvocatoria da folga prevista para o vindeiro día 15 e que abranguería a totalidade da xornada queda a expensas de que a compañía cumpra o acordado e abone o día 10 parte da paga de marzo que adebeda, mentres que a cantidade restante sería satisfeita o 17.

Dende a CIG valoran moi positivamente o acordo e salientan o feito de que “por primeira vez en catro anos e medio normalízase o pago de salarios en tempo (abonou a nómina de xuño o pasado día 6) e o vindeiro día 17 terá liquidadas todas as débedas cos traballadores”.

Outros dos aspectos importantes do acordo son a retirada do ERE que aínda tería vixencia até decembro, o inicio hoxe mesmo das negoacións do novo convenio colectivo e a regulación da cuarta quenda de traballo (da que a empresa bota man en función das necesidades de produción).

A resolución do conflito foi posíbel tras catro xornadas de folga (as tres primeiras de dúas horas en cada unha das tres quendas e a última de catro horas). A prevista para hoxe, que finalmente fica suspendida, tamén sería de catro horas, mentres que a do vindeiro día 15 abranguería a totalidade da xornada.

También te puede interesar