Galicia

O interventor de A Coruña certifica que o popular Negreira deixou o Concello preto da insolvencia

Carlos Negreira, anterior alcalde de A Coruña
Carlos Negreira, anterior alcalde de A Coruña

O anterior alcalde de A Coruña, o popular Carlos Negreira, deixou o Concello preto da insolvencia. Dacordo cun informe feito a petición do novo rexidor, Xulio Ferreiro, o interventor subliña que  a 17 de xuño o Concello presenta un desequilibrio de 39 millóns entre os ingresos e gastos, compremetendo a solvencia municipal a curto prazo e deixando a caixa sen posibilidades de “cumplir coas súas obrigas económicas”.

Exactamente, o Concello non tería capacidade para cumprir cos seus compromisos económicos de xullo, agosto e setembro ni co límite máximo do prazo de pago a proveedores.

O interventor afirma que 2014 pechou co remanente de Tesourería más baixo dos últimos oito anos: o ano pasado nas contas do municipaes había 7,2 millóns, a metade que en 2013 e sete veces menos que cando empezou a crise, en 2007, cando había nas contas máis de 50 millóns.

También te puede interesar