Vigo al día

Asinado o ERE de Citroën: 100 traballadores poderán pedir a baixa voluntaria e 350 irán a un ERE temporal

Citroen/Tresyuno ComunicaciónOs representantes dos traballadores da planta de PSA-Peugeot-Citroën asinaron o acordo sobre as condicións dos Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) propostos pola empresa.

O expediente de extinción afectará un cento de traballadores que poderán acollerse de xeito voluntario a baixas incentivadas- con indemnizacións dun máximo de 3 anualidades e media-.

O Expediente de Regulamento temporal aplícase a 350 operarios, que terán un 80% do salario a partir do sexto día de parada. Hai que lembrar que o acordo foi asinado por todos os sindicatos con presenza no comité de persoal, agás a CUT.

También te puede interesar