Cultura

A concelleira Raquel Quintáns deixa ‘Redondela Pode’ e pasa a ser ‘concelleira non adscrita’

Raquel, o pasado sábado no mitin de Pablo Iglesias no auditorio Mar de Vigo/Tresyuno Comunicación
Raquel, o pasado sábado no mitin de Pablo Iglesias no auditorio Mar de Vigo/Tresyuno Comunicación

Raquel Quintáns Montoya, a única concelleira de Redondela Pode no concello redondelán, informa nunha nota de prensa que “unha ampla maioría dos compoñentes de Redondela Pode decidiron abandonar ó devandito partido, para formar un grupo de traballo” co fin de apoiar á propia Raquel que pasará a ser concelleira non adscrita.

Raquel Quintáns, de 19 anos, foi a cabeza de cartel deste partido e a concelleira máis nova de Galicia nas pasadas Eleccións Municipais do pasado 24 de maio. Hai uns días, Raquel era unha das persoas que estaban en primeira fila cando o líder de Podemos, Pablo Iglesias, estivo en Vigo rematando a chamada ‘Ruta do Cambio’ por Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.