Galicia

Un morto e 79 feridos nas estradas galegas, a pasada fin de semana

0614O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 79 persoas debido a 58 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, dende as 3 da tarde do venres ás 12 menos un minuto da noite do domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo con 25 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 71 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 58 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 79 persoas. Por provincias foi A Coruña a que rexistrou máis accidentes con 26 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 82. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a 9 sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 61 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 7 ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en tres ocasións.

En 71 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en sete ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no lugar do sinistro.

También te puede interesar