Vigo al día

Este luns, novas conexiones de Vitrasa e de autobuses interurbanos co novo hospital

Entrada principal Hospital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comiunicación
Entrada principal Hospital Álvaro Cunqueiro/Tresyuno Comiunicación

Coincidindo coa posta en servizo, este luns, dos servizos de admisión e de atención ao paciente do novo hospital- que se suman ás consultas de obstetricia, xinecoloxía, pediatría, neuroloxía e otorrinolaringoloxía- empezan a operar os servizos de transporte público co Álvaro Cunqueiro.

Vitrasa terá lanzadeiras, dende as 7 da mañá, cada media hora, dende a Praza de América ao novos hospital, un servizo que é provisional e que, o 24 de agosto dará paso ás novas conexións entre o centro médico e distantas partes da cidade.

Tamén empezan a funcionar as conexión dos autobuses interurbanos dende os concellos de Arbo, Crecente, A Cañiza, Ponteareas, O Porriño, Mos, As Neves, Salvaterra de Miño, Tui, A Guarda, O Rosal, Tomiño ou Gondomar, co novo complexo hospitalario.

As empresas de transportes que prestarán estas concesións, ATSA, Ojea, Autoindustrial e Melytour, ofrecerán dunha a tres frecuencias diarias para comunicar os citados concellos co Álvaro Cunqueiro.

También te puede interesar