Vigo al minuto

‘Nós tamén somos Grecia’ convoca unha concentración, hoxe, no MARCO, en solidaridade co pobo grego

GreciaO comité cidadán ‘Nós tamén somos Grecia’ “chama o pobo de Vigo a mostrar a súa solidariedade co pobo grego”, este venres, ás 8 da tarde no MARCO.

Nas eleccións de xaneiro de 2015 “o pobo grego votou un programa contra a austeridade e pola reestruturación da débeda”. O goberno de Siryza negociou coa Comisión Europea unha solución que permitise derrotar a austeridade e recuperar o crecemento económico e os dereitos das traballadoras á negociación colectiva, das pensionistas a unha vida digna e do pobo grego no seu conxunto á dignidade e a democracia “fronte aos poderes financeiros e a Troika”.

Mais, segundo denuncia ‘Nós tamén somo Grecia’, a “maioría neoliberal existente na Unión Europea fixo imposíbel un acordo aceptábel”. Diante desta “chantaxe” o goberno grego decidiu que sexa o pobo o que decida se acepta ou rexeita a última oferta recibida. O goberno de Siryza chama a votar ‘Non’.

“O combate pola democracia do pobo grego é o máis importante, en Europa, nas últimas décadas. O que está en xogo é se nas sociedades europeas mandan os pobos ou o capital financeiro e as organizacións da gran patronal”.

También te puede interesar