Galicia

Besteiro non recibiu comunicación algunha do xulgado sobre a súa citación

José Ramón Gómez Besteiro/Tresyuno Comunicación
José Ramón Gómez Besteiro/Tresyuno Comunicación

Nun comunicado remitido esta tarde polo secretario xeral dos Socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro  amosa a súa «sorpresa por ter coñecido esta decisión xudicial a través dos medios de comunicación e non ter recibido ningunha notificación por vía xudicial, o que provoca unha situación de indefensión inadmisible».

O ex presidente da Deputación de Lugo, engade que  «é publico, e así tamén foi recollido nos medios de comunicación ao longo da última década, que todos os trámites administrativos referidos ao Garañón se axustaron estritamente á legalidade e as determinacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado polo Partido Popular en 1991. Así se puxo de manifesto en todos e cada un dos informes técnicos favorables emitidos nos distintos procedementos administrativos».

Besteiro subliña que «xa no seu día, e por iniciativa propia, enviei ao Xulgado nº 1 de Lugo toda a documentación relativa á miña situación patrimonial, posto que era, e é, de máximo interese pola miña parte que o Xulgado teña esta información; documentación que, por outra banda, é pública, posto que consta nos rexistros de intereses da Deputación Provincial de Lugo e do Concello de Lugo, sendo accesible a calquera cidadán».

Distintos medios de comunicación publicaron este xoves que o líder dos socialistas de Galicia xunto co ex alcalde de Lugo, Xosé López Orozco, foron citados a declarar pola titular do Xulgado de Instrucción Número 1 de Lugo, Pilar de Lara, como imputados no marco do ‘Caso de O Garañón’, que investiga posibles delitos na concesión de licenzas para urbanizar a finca que estaba xunto ao Parque Rosalía de Castro, na capital lucense.

A xuiza fai referencia a uns feitos que se produciron hai 10 anos, cando se aprobou o convenio das Torres de O Garañón, data na que Besteiro era concelleiro de Urbanismo no goberno local.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.