'Qué te cuentas?'

O xogador do FC Barcelona, Álex Mazaira, no Campus de Verán de Baloncesto do Seis de Nadal-Coia

ÁlexÁlex Mazaira, xogador que chegou a ‘La Masía’ en categoría cadete, disfrutou na actual tempada 2014/2015, como xogador júnior, de moitos minutos co filial blaugrana na LEB Plata, terceira categoría do baloncesto español; e tamén debutou na pasada campaña 2013/2014 na LEB Oro, segunda categoría a nivel nacional.

Na tempada pasada 2013/2014 participou coa Selección Española U17 no Mundial de Dubai proclamándose cuartos do mundo e xa participou coa Selección Española U18 no Torneo de Gdansk (Polonia) no pasado mes de decembro.

Tódolos nenos e nenas do Campus de Verán 2015 do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia tiveron a oportunidade de escoitar a experiencia de Álex e de facerlle preguntas sobre toda a súa traxectoria. O deportista do FC Barcelona respondeu a tódalas cuestións que lle preguntaron os nenos e nenas do campus e rematou a súa visita animando a tódolos xogadores e xogadoras a traballar e esforzarse para conseguir cada un dos seus soños.

También te puede interesar