Deportes

O xogador do Real Madrid, Jonathan Barreiro, no Campus de Baloncesto do Seis do Nadal

Seis NadalJonathan Barreiro, xogador galego nado na vila de Cerceda (A Coruña) e actualmente xogador do equipo júnior do Real Madrid, visitou no primeiro das xornadas a tódolos nenos e nenas participantes no Campus de Verán 2015 «Xornadas de Tecnificación» que organiza o club Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Os nenos e nenas inscritos no Campus de Verán 2015 tiveron a oportunidade de poder compartir unha mañá con Jonatahan Barreiro, un dos xogadores de categoría júnior con maior proxección da canteira do Real Madrid Baloncesto. Jonathan Barreiro contoulles a tódolos participantes a súa experiencia desde que comezou a xogar ao baloncesto ata a presente tempada 2014/2015 na que, como xogador júnior, debutou co primeiro equipo do Real Madrid de Baloncesto na Euroliga e na Liga Endesa.

Coa gran visita de Jonathan Barreiro inaugurábase a primeira das semanas do 14º Campus de Verán 2015 «Xornadas de Tecnificación» que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia con máis de medio centenar de xogadores e xogadoras e que se desenvolverá tódalas mañás ata o venres nas pistas do Colexio Seis do Nadal.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.