Ciencia y Tecnología

O Concello de Ponteareas busca un Técnico Superior en Administración

concello-ponteareasO Concello de Ponteareas contratará un Técnico Superior en Administración, que comezará a traballar o vindeiro mes de setembro. O obxectivo desta contratación é que esta persoa poida axudar na xestión administrativa do obradoiro de emprego que dará comezo ese mesmo mes.

O contrato, que terá unha duración de 6 meses, será baixo a modalidade de obra ou servizo. A persoa seleccionada traballará a xornada completa en horario de mañá e terá que acreditar unha experiencia previa mínima de 12 meses como administrativo ou auxiliar de administrativo.

Todas aquelas persoas interesadas en participar neste proceso de selección deben inscribirse na oficina de emprego do Concello de Ponteareas. O ámbito xeográfico da sondaxe limitarase ao municipio de Ponteareas e a oficina de emprego convocará aos candidatos escollidos para lles comunicar a forma, o lugar e o prazo de presentación da documentación acreditativa dos seus méritos.

As bases de selección e o baremo de méritos poden ser consultados no taboleiro do Centro de Desenvolvemento Local e na páxina web do Concello de Ponteareas, no apartado denominado “oferta de emprego público”.

Este obradoiro permitirá a creación doutros 25 postos de traballo: 3 mestres, un director e un titor do propio obradoiro e 20 persoas que participarán como alumnos no obradoiro cunha asignación económica, empregados polo concello baixo a modalidade de contratos de formación e aprendizaxe.

También te puede interesar