Comarcas

En Gondomar un barco tamén toma unha rotonda: a de Arcos, en Vincios

Fotografía: https://www.facebook.com/GondomarTv
Fotografía: https://www.facebook.com/GondomarTv

Os nosos compañeiros de Gondomar TV foron os primeiros en dar a nova da colocación dun barco prirata na rotonda de Arcos, en Vincios, e dende ese momento, a reacción dos veciños non parou. A maioría manifestáronse, nas redes sociais, a favor de que o buque, que ‘atracara’ na rotonda a mañá de San Xoán.

A reacción a prol de que o barco se quede foi tan numerosa que o propio alcalde, o socialista Juan Francisco Ferreira, mandou unha nota aos medios de comunicación na que adianta que contactará co Goberno de Galicia-que ten as competencias sobre a rotonda- para que se esta se prepare e limpe para instalar alí o buque permanentemente-.

Este barco, que Paco Ferreira asegura que estará listo cunha “man de pintura”, ten moitas ventaxas sobre o de Coia: non hai que levalo ata a rotonda desplegando centos de axentes da Policía e da Garda Civil; non lle costará un céntimo ao Concello; xa está no lugar que queren os veciños e, ademáis cumpre cunha tradición popular en Gondomar.

O que aínda non se confirmou é si Barba Azul-de quen se di que é o capitán do navío– poderá estar en Gondomar para a inauguración-parece que nesas datas ten moito traballo abordando galeóns-aínda que non se desbota que mande na súa representación ao capitán Barboza ou ao mesmo Teague Sparrow, o pai de Jack, que parécese moito ao guitarrista dos Rolling, Keith Richards.

También te puede interesar