Cultura Video

Centos de persoas maniféstanse en Vigo polo Día do Orgullo LGTBI

Día del Orgullo1Fotos: Tresyuno Comunicación/Ainda que leva celebrándose toda a semana, con actos culturais, hoxe é o centro doDía Internacional do Orgullo LGTBI de Vigo. Este sábado, milleiros de persoas participaron na festa que houbo todo o día na Praza da Pedra, dende ás 12, coas actividades infantis có Paiaso Tachán e contacontos.

Día del Orgullo2Ás 6 e media da tarde chegou a actuación do Vatapá-cuarteto​; ás 7 e media, saiu, integrada por centos de persoas, dende a mesma Praza da Pedra, a Manifestación ‘Orgullo e Reivindicación’, a ritmo de batuca e polo centro da cidade. Ás 9 da noite, empezará a actuación Ge Drag, seguida, ás 9 e media, de Rodrigo Cuevas e, ás 10 e media da media noite, DJ Pettro.

Día del Orgullo3Segundo denuncia a Asociación ‘Nos mesmas’, “o Concello, pasándose por alto as ordenanzas municipais, negase, un ano máis, en concedernos permiso ata ás 3 da mañan, polo que a festa pechará ás 12 da noite, pesandonos moito e a pesar do gran esforzo que supon organizar todo isto así como o peso que ten para a cidade, non lle interesa celebrar unha data como o 28 de xuño como se merece”.

También te puede interesar