'Qué te cuentas?'

Bombeiros de Ponteareas apagan o espectacular incendio dun coche preto do túnel do Folgoso, en A Cañiza

Bombeiros Ponteareas 1Fotos: Bombeiros de Ponteareas/Bombeiros de Ponteareas apagaron este sábado, pasadas as 4 e media da tarde, un incendio que se declarara nun coche que circulaba, en dirección Ourense, pola A-52, á altura do túnel do Folgoso, en A Cañiza.

Bombeiros PonteareasCando chegaron ao lugar, os Bombeiros comprobaron que o vehículo estaba ardendo e que as lapas xa pasaran o monte, chegando queimar uns 100 metros cadrados. Por mor do incendio estivo cortado un carril da devandita vía durante unha hora.

No coche viaxaban dúas persoas novas e dous nenos que non sofriron dano algún.

También te puede interesar