RGPD - Cookies
Galicia

Os pensionistas galegos cobran, de media, preto de 748 € ao mes

Xubilados na praia
Xubilados na praia

Os pensionistas galegos cobran, de media, preto de 748 € ao mes, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego. En total, hai 749.749 galegos que perciben algunha clase de pensión– sexa de viuvez (186.595 persoas), xubilación (464.830), incapacidade permanante (68.469), orfandade (23.941), ou a favor de familiares (5.914)-.

No caso da viuvez, a pensión media en Galicia é de 533,37 €; a de xubilación chega aos 847,09; a da incapacidade permanante, aos 816,27 €; a de orfandade a 364,89 e a favor de familiares, a 470,81 €.

Por provincias, son os coruñeses os que teñen a pensión media máis alta, 788,45 €; os pontevedreses, 788,05 €; os lucenses 622,73 3 os ourensáns 647,01 €. Dacordo cos mesmos datos oficiais, a pensión media no conxunto do Estado é de 886,46 €, chegando, no caso da xubilación, ata os 1.020,80 € mensuais.

También te puede interesar