RGPD - Cookies
Galicia

600.000 asistentes fan do Arde Lucus a festa máis importante de Galicia

Arde-lucus3Foto: elblogdenerioazul.blogspot.com/600.000 persoas achegáronse a Lugo para disfrutar e participar no Arde Lucus deste ano, celebrado ata o pasado domingo. Á vista deste dato, o Concello plantexou, tendo en conta a asistencia a esta  recreación da cidade imperial, como era hai 20 séculos, solicitar a súa declaración como Festa de Interese Turístico Nacional.

Dacordo cos datos da Consellería de Cultura, o Arde Lucus deixou na cidade nos tres días de festa uns 6 millóns de euros, unha cantidade á que habería que “sumarlle todo o volume de negocio que xeran nos comercios lucenses os preparativos”.

O orzamento municipal adicado á edición deste ano foi de 172.000 €, aos que hai que sumar os 50.000 € de empresas colaboradoras, os preto de 30.000 € dos alugueiros dos postos do mercado romano, e preto da mesma cantidade aportada polos restaurantes.

También te puede interesar