Deportes Vigo al día

Seis de Nadal-Coia, organiza este domingo en Navia o III Día do Benxamín de Baloncesto

CARTEL III DIA DO BENXAMIN VIGO-AROUSA-OURENSE 2014-2015O Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organiza o vindeiro domingo, día 21 de xuño, a Terceira Edición do Día do Benxamín Vigo-Arousa nas instalacións e no exterior do pavillón municipal de Navia.

Un total de 17 equipos de categoría benxamín e procedentes das delegacións de Vigo, Arousa e Ourense participarán no III Día do Benxamín que organiza a entidade viguesa na recta final da presente tempada 2014/2015.

Seis do Nadal Masculino “A”, Seis do Nadal Masculino “B”, Seis do Nadal Feminino, un conxunto da Liga LINCO CLASS, Cía María Vigo Mixto, CB Tui Mixto, CB Redondela Mixto, Las Acacias Feminino, Salesianos Vigo Feminino, Porriño Bto. Base Masculino e Carmelitas Mixto, son os once conxuntos da delegación de Vigo que participarán na xornada. Marín Peixegalego Masculino 05, Marín Peixegalego Masculino 06 e Marín Peixegalego Feminino, serán os combinados de Arousa que participarán nesta terceira edición do Día do Benxamín; e CB Allariz Masculino, CB Allariz Mixto e CB Allariz Feminino, serán os equipos que representarán á delegación de Ourense.

O escenario do evento será o polideportivo municipal de Navia no que haberá catro pistas no interior do pavillón. Nestas catro pistas se disputarán 25 partidos de categoría benxamín, de 4 a 8 da tarde.

También te puede interesar