Comarcas

O Concello de As Neves contrata a un Animador Socio-Cultural e a un Monitor Deportivo

CampamentosO Concello de As Neves convoca unha praza de Animador/a Socio-cultural e outra de Monitor Deportivo, para realizar funcións propias do posto, cunha duración de dous meses, e unha xornada parcial de 20 horas semanais, mediante un contrato laboral, por obra ou servizo de carácter temporal. As retribucións brutas, por tódolos conceptos retributivos e para todo o período de duración do contrato serán, para a Animador/a Socio-cultural, de 1.200 € e para o Monitor Deportivo, de 1.150 €.

A selección efectuarase mediante a correspondente oferta na Oficina de Emprego. Os/as candidatos/as presentaranse no Concello o día que sexan convocados/as aportando a documentación requerida nas presentes bases, a efectos de realizar a entrevista contemplada nas Bases.

As presentes bases estarán expostas ao público no taboleiro de anuncios do Concello e na súa páxina web: www.asneves.com, así como tódolos actos derivados desta contratación.

También te puede interesar