RGPD - Cookies
Galicia

Negreira deixa a Ferreiro, en A Coruña, un resultado orzamentario negativo de 21 millóns e débedas por outros 3,6

Carlos Negreira, anterior alcalde de A Coruña
Carlos Negreira, anterior alcalde de A Coruña

O Concello de A Coruña presenta un resultado orzamentario negativo de 21,1 millóns de euros, segundo a Marea Atlántica, que asegura que atopou obligacións pendentes de recoñecemento xudicial por un total de 3,6 millóns.

A Marea indica nun comunicado que os seus predecesores na xestión municipal «non foron prudentes na xestión económica», logo de que os servizos municipais de Intervención e Tesourería entregasen ao novo alcalde, Xulio Ferreiro, o estado de execución orzamentaria do Concello.

Dacordo coa devandita documentación, o estado de execución dos orzamentos «ten unha diferencia entre os dereitos e as obligacións recoñecidas de -21,1 millóns, consecuencia dunha pocentaxe de execución dos ingresos do 23,52%, inferior ao 31,04% dos gastos. Ademáis, hai 3,6 millóns de obrigas pendentes de recoñecemento extraxudicial, dos cales 2,3 millóns corresponden á Compañía de Tranvías, «en conceptos como a liquidación do déficir do tranvía turístico e as subvencións do billete do autobús».

Ademáis están pendentes, recoñecementos de facturas de Aldaban, de compañías eléctricas e gastos de publicidade, mentres que o novo goberno cualifica de «significativas» dúas facturas pendentes de pago por asesoramento xurídico externo sobre o edificio de Fenosa, que suman «34.485 €».

También te puede interesar