Galicia

Sanidade investiga as causas da intoxicación alimentaria de varias persoas en Laxe

Intoxicación alimentariaSanidade, a través do departamento de Saúde Pública, espera aos resultados das enquisas epidemiolóxicas en marcha para esclarecer a orixe da intoxicación alimentaria de media ducia de persoas en Laxe, supostamente cunha partida de carne procedente de Compostela.

O Goberno galego subliña que non se pode sinalar con total seguridade cal foi o alimento causante da intoxicación, nin o axente que causou a mesma, por iso, serán os técnicos, co resultado da investigación, logo da recollida de mostras- feces e restos do alimento se os hai- os que determinen qué foi o que pasou realmente.

Saúde Pública xa procedeu a solicitar a información das persoas en afectadas, do método de preparación dos alimentos inxeridos por elas, e iniciou a recollida de feces, así como de resto dos alimentos consumidos para analizar, co obxectivo de “ver de onde procede e como se puido contaminar”.

También te puede interesar