Vigo al minuto

Caballero xanta no albergue municipal de Marqués de Valterra

O alcalde, este mediodía, no albergue/Tresyuno Comunicación
O alcalde, este mediodía, no albergue/Tresyuno Comunicación

O alcalde acudiu a comer este luns ao albergue da rúa Marqués de Valterra. Abel Caballero, acompañado da concelleira de Política Social e do segundo tenente de alcalde. Como xa fixera noutras ocasións, saudou aos responsables do albergue e xantou-sopa e polo con patacas- coas persoas que estaban a esa hora no comedor.

Ademáis do mesmo, o albergue dispón de 50 camas na antiga Casa do Pescador, un inmoble de tres pisos que, ademáis, ten biblioteca, patio, perruquería e unha zona de estancia. Este Centro de Inclusión Social está operativo aoa 100% dende outono de 2012, logo de que o Goberno local adxudicase a súa xestión por un importe de 715.000€ anuais para a súa xestión.

También te puede interesar