RGPD - Cookies
Galicia

Dous minutos despois da toma de posesión do alcalde de Ourense, anuncian unha moción de censura para quitarlle a Alcaldía

O ex conselleiro Jesús Vázquez, novo alcalde de Ourense/Foto: @PPdeOU
O ex conselleiro Jesús Vázquez, novo alcalde de Ourense/Foto: @PPdeOU

O mandato do ex conselleiro Jesús Vázquez como alcalde de Ourense pode ser o máis curto da democracia: Pérez Jácome, líder de Democracia Ourensana, a segunda forza máis votada nas pasadas Eleccións Municipais, anunciou, nada máis sair da constitución da nova Corporación, unha moción de censura contra o alcalde electo…quena inda non tomara decisión ou fixera xestión algunha.

Vázquez foi elixido cos 10 votos dos concelleiros do seu partido, o Popular, logo de que o resto dos grupos decidisen votar aos seus cabezas de lista: os 8 edís de Democracia Ourensana deron os seus votos a Gonzalo Jácome 8, os 6 socialistas votaron a José Ángel Vázquez Barquero, e os 3 concelleiros de Ourense en Común o fixeron por Miguel Doval.

Ao remate da sesión da Corporación Jácome declarou aos xornalistas que “o que pasou hoxe en Ourense é algo inédito en España porque, de feito, PP e PSOE  se aliaron e apartaron a Democracia Ourensana, o  único partido que é unha ameaza para eles”.

O líder de DO calificou ao candidato do PSOE como “inútil e patético” por levar aos socialistas “á perdición, con permiso dos seus militantes porque, de feito, a metade deles traballan no Concello”.

Para o candidato do PSOE, Democracia Ourensana é como o partido de Jesús Gil– que fora alcalde de Marbella- “nas formas e nas propostas, ainda que ten unha posta en escea diferente”.

También te puede interesar