RGPD - Cookies
Galicia

O xuizo polo asasinato de Asunta, aprazado ata despois do verán por falta de xurados

descargaO xuízo pola morte de Asunta Basterra, fixado a partir do próximo 23 de xuño, foi aprazado ata despois do verán por falta de integrantes do xurado popular.

Segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), dos 36 membros preseleccionados por sorteo o pasado 11 de maio, dous non puideron ser localizados e aceptáronse, «entre recusaciones e escusas», 19 casos que alegaban non poder formar parte do tribunal de xurado.

Con estes datos, dos 36 membros seleccionados o xulgado unicamente contaría con 15 para acudir á selección do xurado o día 23 de xuño, primeira sesión do xuízo. Non obstante, a normativa establece que o tribunal de xurado debe ser seleccionado cun mínimo de 20 candidatos, polo que non podería realizarse este proceso.

A morte de  Asunta Basterra, pola que están imputados os seus pais, quedou aprazado ata despois do verán, nunha data pendente de fixar. Previamente deberá realizarse un novo sorteo de preselección de xurados que permita chegar á primeira xornada cun mínimo de 20 candidatos.

Un total de 84 testemuñas e máis de 60 peritos están citados a comparecer no xuízo pola morte de menor que, segundo a estimación inicial agora aprazada, durará case un mes.

O xurado que intervenda no xuízo deberá determinar se os dous acusados, Alfonso Basterra e Rosario Porto, comeron xunto coa súa filla o 21 de setembro de 2013 na casa de Alfonso Basterra e «postos de común acordo e coa intención de acabar coa vida da nena», subministráronlle unha cantidade de medicamento que contiña lorazepam «necesariamente tóxica para, posteriormente, cando fixese efecto, axfisiarla».

También te puede interesar