Galicia

Feijóo, “Galicia medra o mesmo que Alemaña”

FeijóoO presidente do Goberno de Galicia, afirmou este mércores, no Pleno do Parlamento, que o país está en mellor posición económica que o Estado español e, facendo referencia á desigualdade, que “Galicia está, sen dúbida, mellor que o resto do Estada” e engadiu que “medra o mesmo que Alemaña”, para negar a diverxencia coa Unión Europea.

Sen embardo, a realidade, posta de manifestó polos grupos da oposición é outra. Dacordo cos datos da Oficina de Estadística da propia Unión Europea (Eurostat), a verdade é que a riqueza per capita dun galego é 17 puntos menor que a dun europeo e 12 da dun español, ademáis, segundo os mesmos datos, dende que Alberto Núñez Feijóo ocupa a xefatura do executivo galego, esa diferencia medrou en 10 puntos.

A este dato pódense engadir outros, neste caso do propio Goberno do Estado, segundo os cales, o Producto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 0,5% no primeiro trimestre de 2015 en relación co último trimestre de 2014, case a metade que o incremento do conxunto da economía española (+0,9%); a este feito hai que engadir que cando Feijóo chegou á Presidencia, había 44.500 familias galegas sen ingresos, hoxe superan as 90.000; en 2009, algo máis de 81.000 desempregados galegos non cobraban prestación algunha, hoxe achéganse aos 121.000; daquela no 5,57% das familias non traballaba ninguén, na actualidade esa porcentaxe é do 11,2% e, hai 6 anos, a taxa de paro en Galicia era do 12,22%, na actualidade é casi do dobre: o 22%.

También te puede interesar