RGPD - Cookies
Destacados

O BNG resposta con retranca a Louzán en Twitter, ‘vaino asumindo, acabouse o choio!’

TwitterO Bloque volveu a tirar de retranca para respostar ao presidente en funcións da Deputación e Pontevedra que os nacionalistas non están interesados en chagar a un acordo con él para que siga á fronte da Deputación.

Como noutras ocasións, o BNG empregou Twitter para respostar ao último ofrecemento de Rafael Louzán para negociar un programa conxunto. No tweet o Bloque pendurou un vídeo dun home chorando diante da pantalla do ordenador coa frase, “vaino asumindo, acabóuseche o choio! Acabouse o caciquismo e o nepotismo!”.

A resposta é o que o Bloque di a Louzán logo de que inistise na súa vontade de negociar: o presidente do PP de Pontevedra considerou que as condicións do BNG son asumibles e agradeceu que ofrecesen un acordo de goberno, hoxe, por parte do voceiro nacionalista no ente provincial, César Mosquera e que, en realidade, tratábase dunha oferta ao PSOE.

También te puede interesar