Vigo al día

Caballero anuncia que “ninguén” se quedará sen poder solicitar as Axudas de Emerxencia, ainda que o prazo remate este martes

Abel CaballeroO alcalde comprometeuse este luns a que todos os cidadáns que así o desexen poidan solicitar a súa achega do Plan de Axudas Extraordinarias a Familias aínda que o prazo para obter número remate mañá. Abel Caballero subliñou que os servizos sociais municipais seguirán tramitando peticións os próximos días a todos os que entre hoxe e mañá recollan a súa quenda.

O Concello xa recolleu máis de 2.000 solicitudes e o alcalde reiterou que “ninguén se vai quedar sen solicitar a súa achega para aluguer, electricidade ou alimentación xa que os servizos municipais seguirán recollendo peticións nos próximos días, aínda que mañá remate o prazo para obter quenda”.

También te puede interesar