RGPD - Cookies
Comarcas

Suspéndese, temporalmente, a folga de recollida de lixo en Ponteareas

Sin títuloA asemblea de traballadores de FCC en Ponteareas ratificou, cara a media noite deste xoves 4 de xuño, un acordo coa parte empresarial que atinxe 27,50 € de incremento sobre o salario base a partir deste mes e durante o que resta de ano, ademais de 6 € no plus de tóxicos.

O desbloqueo das negociacións permitiu suspender a folga «de xeito transitorio» despois de catro días, aínda que podería reanudarse no futuro «se non se acada un acordo definitivo». Durante o paro o persoal denunciou a vulneración ao dereito á folga por parte do alcalde saínte mediante uns servizos mínimos abusivos, mantendo unha actitude “totalmente irresponsábel” cara ás demandas laborais e sen preocuparlle as consecuencias sobre a veciñanza ás portas das festas patronais da vila.

Os puntos reivindicativos que deron pé á folga, como acadar en catro anos os 1.000 € de salario base (fronte os 706,57 que había até o acordo) ou dous días máis de descanso ao mes, continúan, por tanto, pendentes.

También te puede interesar