O equipo Cadete Masculino «C», Seis do Nadal «C», do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Breixo Solla e Carlos García, proclamouse Campión da Copa Primavera Vigo cadete masculina organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto.
O equipo do Seis do Nadal estivo encadrado no Grupo «B» da primeira fase da Copa Primavera xunto a Novobásket Amarillo, PBB «B» e Compañía de María. Nesta primeira fase conseguiu un balance de tres vitorias nos tres partidos xogados, balance que lle outorgaba o primeiro posto do grupo e unha das prazas na final.
A final da Copa Primavera Vigo de categoría cadete masculina enfrontou ao Seis do Nadal «C» e ao CB Baiona Torvigo, primeiro clasificdao do Grupo «A». No partido de ida disputado no pavillón municipal de Baiona o conxunto do Seis do Nadal conseguía unha vitoria (51-63) que foi confirmada no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal (56-36).
O equipo Seis do Nadal «C» recibiu o trofeo que os acreditaba como equipo campión da Copa Primavera Vigo das mans de Jorge González, en representación da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Federación Galega de Baloncesto.