Deportes

Os cadetes do Seis do Nadal coia, campións da Copa Primaveira Vigo de baloncesto

Seis do NadalO equipo Cadete Masculino «C», Seis do Nadal «C», do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Breixo Solla e Carlos García, proclamouse Campión da Copa Primavera Vigo cadete masculina organizada pola Delegación Viguesa de Baloncesto.

O equipo do Seis do Nadal estivo encadrado no Grupo «B» da primeira fase da Copa Primavera xunto a Novobásket Amarillo, PBB «B» e Compañía de María. Nesta primeira fase conseguiu un balance de tres vitorias nos tres partidos xogados, balance que lle outorgaba o primeiro posto do grupo e unha das prazas na final.

A final da Copa Primavera Vigo de categoría cadete masculina enfrontou ao Seis do Nadal «C» e ao CB Baiona Torvigo, primeiro clasificdao do Grupo «A». No partido de ida disputado no pavillón municipal de Baiona o conxunto do Seis do Nadal conseguía unha vitoria (51-63) que foi confirmada no partido de volta xogado no Colexio Seis do Nadal (56-36).

O equipo Seis do Nadal «C» recibiu o trofeo que os acreditaba como equipo campión da Copa Primavera Vigo das mans de Jorge González, en representación da Delegación Viguesa de Baloncesto e da Federación Galega de Baloncesto.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.