Cultura Vigo al minuto

Ábrese o prazo para solicitar as axudas do programa cultural municipal ‘Vente con Nós’

 Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais/Tresyuno Comunicación
Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais/Tresyuno Comunicación

A Concellería de Cultura e Festas ven de asinar un convenio de colaboración coa Agrupación de Centros Deportivos e Culturais para a organización do programa “Vente con Nós” do presente ano.

Este convenio ten como principal obxectivo a promoción e apoio da labor sociocultural das asociacións culturais e veciñais da cidade, así como as agrupacións de música e danza tradicionais das entidades asociadas á Agrupación, mediante o desenvolvemento dun ciclo de actuacións polos diferentes barrios e parroquias da cidade.

As actuacións con cargo a este convenio irán destinadas ao público en xeral, con acceso libre e gratuíto, até completar o aforamento do lugar onde se celebren. As actuacións distribuiranse atendendo aos criterios de dispoñibilidade da agrupación artística, a orde de entrada da solicitude no Rexistro Xeral do Concello e a maior diversificación nos ámbitos territoriais e artísticos. Con carácter xeral quedan excluídas do convenio aquelas actuacións vinculadas á programación de actos de carácter non laico, festas e romarías patronais, así como aquelas actuacións programadas dentro do mesmo ámbito territorial parroquial asociado á agrupación artística  e entidade que a acolle.

A tal fin, infórmase da apertura do prazo de  admisión de solicitudes ata a 1 e media da tarde do día 12 de xuño. O formulario de solicitude está a disposición das entidades asociativas interesadas na oficina de Información, situada na lonxa do Concello, e nas webs municipais www.vigo.org e www.vigocultura.org.

También te puede interesar