Vigo al minuto

Suspendida a protesta da plantilla de Cespa diante do Concello por “problemas coa autorización”

Traballadores de Cespa diante do Concello os días pasados
Traballadores de Cespa diante do Concello os días pasados

Segundo informan os representantes dos traballadores, a protesta do persoal de Cespa prevista para hoxe ás 11, diante do Concello, suspendeuse por “problemas coa autorización”. Os traballadores anunciarán proximamente a convocatoria de novas mobilizacións para reclamar a inclusión de 19 persoas no censo do prego de condicións da adxudicación.

Hai que lembrar que a plantilla de Cespa- concesionaria municipal da limpeza de parques e xardíns, iniciaron movilizacións para esixir que o novo prego de condicións para a contratación dunha nova concesionaria, engada a subrogación da “totalidade do persoal da empresa”, algo que os traballadores denuncian que non se cumple xa que quedan fora do mesmo 19 deles.

Pola súa banda, o Concello asegura que o concurso cumpre todos os requistos legais, entre eles a inclusión do listado, íntegro, de traballadores, facilitado por Cespa.

También te puede interesar