Vigo al minuto

Manténse o horario ampliado na biblioteca central de Vigo polo período de exames

BibliotecaSegundo informa o Concello, co obxecto de facilitar o estudo polo periodo de exames e o uso das instalacións públicas, a Biblioteca Juan Compañel- a popular biblioteca Central da rúa Joaquín Yáñez, 6- mantén a ampliación do horario de apertura da súa Sala de Lectura durante todo o mes de xuño.

Deste xeito, os horarios ampliados serán: de luns a venres de 8 e media da tarde a 12 da noite; os sábados, de 4 da tarde a 12 da noite e os domingos e festivos de 10 da mañá a 2 da tarde.

También te puede interesar