Vigo al minuto

Persoal de Cespa concéntrase diante do Concello para esixir a subrogación de todo o persoal na nova concesión

Protesta CespaPersoal de Cespa, concesionaria municipal da limpeza de parques e xardíns, volveu a concentrarse este luns diante do Concello contra o novo prego de condicións para a nova adxudicación deste servizo que, indicaron os traballadores, deixa fora a 19 empregados.

Os traballadores, que advertiron que seguirán coas protestas, esixen que sexa subrogado pola nova concesionaria a totalide do cadro de persoal, “sen excluir a ninguén do mesmo”.

Protesta Cespa1Pola súa banda, dende o Concello asegúrase que o novo contrato está xa en concurso e que este martes, día 2, remata o prazo para presentar ofertas. O goberno local subliña que as condicións recollen todos os requisitos esixidos, engadindo o listado de traballadores remitido por Cespa ao Concello, de xeito que o persoal subrogarase, segundo establecen as bases do concurso.

También te puede interesar