Deportes Vigo al día

O benxamin feminino do Seis de Nadal-Coia, subcampión de Galicia de baloncesto

gIMG-20150531-WA0041 (2)O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia, adestrado por Sandra Solano e Laura Abraira, proclamouse Subcampión Galego da súa categoría na Fase Final da Liga FGB, disputada en A Estrada, no Pavillón Manuel Coto Ferreiro.

O equipo vigués, disputou o sábado día 30 de maio o partido de cuartos de final ante Coreti Culleredo, partido que rematou cun marcado que reflexaba un 74-27 e que clasificaba ao Seis do Nadal Fem. para as semifinais. No partido de semifinais, o domingo día 31 de maio, o equipo enfrontouse ao CB Allariz Fem conseguindo unha nova vitora (64-45) e unha das dúas prazas na Final da Liga FGB Preminibásquet Feminina.

A final da Liga FGB enfrontou ao Seis do Nadal Fem e ao CB Arxil “A” (Pontevedra) nunha final cunha gran igualdade e que tivo que botar man dunha prórroga para romper o 55-55 que amosaba o marcador ao final do sexto período. Na prórroga o CB Arxil “A” tivo máis acerto no seu xogo conseguindo a vitoria final (60-69), proclamándose o equipo do Seis do Nadal subcampión galego despois de xogar un gran partido.

También te puede interesar