Galicia

Este luns empeza a recuperación para a volta ao tempo de verán dende o martes

imagesLogo do paso da fronte pouco activa na xornada do domingo, o luns será unha xornada de transición cara á recuperación da influencia anticiclónica.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, con esta situación, este luns, agárdanse ceos máis anubrados pola mañá, con algunha chuvia feble nas primeiras horas, abríndose grandes claros pola tarde.

As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste; por cidades, en Ourense chegarán aos 26 graos, en Pontevedra, Lugo e Santiago, aos 22 e en Vigo teremos 21, cunha mínima de 14.

También te puede interesar